Quickribbon CLUB DEPORTIVO CORGO

VICTORIA FRONTE Ó LUCENSE

Unha gran afluencia no campo reformado do CD Corgo, de aficionados e visitantes. O Corgo saíu o campo con nova equipación e estreando o terreo. A aficción apoiou ó seu equipo dende o primeiro minuto. Foi un partido no que ambos equipos loitaron duramente pola victoria, logro que alcanzou o C.D. Corgo cos goles de Marcos Gómez. A poucos segundos de rematar o partido o empato no marcador facía bulir o nerviosismo na grada, disipándose co gol de Marcos que adelantou o C.D. Corgo no marcador

INAUGURAMOS O CAMPO!!!!!!

O DOMINGO DÍA 1 DE NOVEMBRO ÁS 16:15 HORAS O C.D. CORGO ESTREA O RECÉN REMATADO CAMPO DE FÚTBOL NA N-vI, A OCASIÓN MERECE ADEMÁIS O ESTREO DA NOVA EQUIPACIÓN.

DOMINGO DÍA 1 DE NOVEMBRO
16:15 H PARTIDO CONTRA O LUCENSE

ESPERAMÓSVOS!!

O NOVO CORGO

COMEZOU A NOVA TEMPADA EN 3ª REXIONAL CON MOITAS NOVIDADES NO NOSO EQUIPO:

1. NOVO CAMPO: estreamos un campazo perfectamente acondicionado para xogar o mellor fútbol, cas gradas e vestiarios novos o que faltaba era a adecuación do terreo, algo que por fin xa se rematou, ampliamos o campo, fíxose o drenaxe e o rego, ademáis acondicionáronse os alrededores e accesos ó memo.

2. NOVA DIRECTIVA: un equipo de persoas comprometido co clube, aficcionados presentes en tódolos partidos, souberon diseñar un equipo basado na promoción de chavales do concello ata conseguir unha combinación perfecta de xogadores conseguindo un equipo íntegro. Novas expectativas e novas ideas preven un futuro prometedor para o equipo

3. NOVO ENTRENADOR: incorporouse como entrenador SOUSA

4. NOVOS XOGADORES: Moitos dorsais seguen sendo os antigos membros do equipo, pero incorporáronse novas figuras de dentro e fóra do concello. Destaca a incorporación de xóvenes do concello.